Atopámonos en pleno Samaín, e Cervás está listo para gozar dunha fin de semana de puro medo. O vindeiro sábado 4 de novembro, o narrador, músico e creador de instrumentos, Brais das Hortas, fará a súa aparición no CIRS de Cervás co seu espectáculo de terror, dirixido a un público infantil e familiar que buscará en todo momento a participación de todos os asistentes.
“Contos para caghar patatillas” profunda na relación entre o medo e a valentía, recoñecendo que sentir medo é unha resposta normal, e a valentía non radica na ausencia de medo, senón na capacidade de afrontalo. O espectáculo combina diversos elementos, como música, humor, efectos especiais, danza e mesmo a creación de instrumentos a partir de obxectos reciclados.
As historias que se presentarán neste espectáculo son moi variadas, desde pedras que cobran vida como xigantes ata un romance galego que ten lugar nun cemiterio. Tamén nos mergullaremos na sabana africana para coñecer a un león e unha elefanta no medio da noite, e seremos testemuñas do asombro dunha nena que escoita unha tormenta por primeira vez. Todas estas historias emerxen dunha antiga maleta que permaneceu oculta no faiado nunha noite invernal.
A cita está programada a partir das 18:00 horas, con entrada libre e gratuíta. Este evento é posible grazas á colaboración da Concellería de Cultura de Ares, a Rede Cultural da Deputación e o propio CIRS de Cervás.