Onte tivo lugar a primeira sesión de zumba na Praza da Constitución de Ares, como parte do programa de verán do “Móvete VeraneAres” organizado polo Concello.
Durante os meses de xullo e agosto, levaranse a cabo as sesións de baile latino e zumba, os martes e xoves, enfocadas no movemento, a música e o deporte.
En canto aos horarios, os martes de 20:30 a 21:30 horas ofreceranse clases de baile latino, mentres que os xoves estarán dedicados a zumba. Ambas as actividades son completamente gratuítas e están destinadas a persoas maiores de 12 anos.
Para participar, é necesario inscribirse chamando ao teléfono 981 448 057 antes das 11:00 horas do día anterior á actividade. O horario de atención para realizar as inscricións é de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.