O Mercadillo Veciñal de Ares celebrarase este domingo!

Será no paseo marítimo, en horario ininterrumpido de 09:00 a 21:00 horas. Decenas de veciños aproveitarán a actividade para vender as súas pezas de roupa, calzado, bisutería e mesmo libros, xogos ou mobiliario, que poden resultar toda unha ganga para algún dos visitantes!

O “Móvete VeraneAres”comeza coas súas sesións de zumba e baile latino!

Onte tivo lugar a primeira sesión de zumba na Praza da Constitución de Ares, como parte do programa de verán do “Móvete VeraneAres” organizado polo Concello. Durante os meses de xullo e agosto, levaranse a cabo as sesións de baile latino e zumba, os martes e xoves, enfocadas no movemento, a música e o deporte. […]