Os pequenos e pequenas de 6º de Primaria estarán detrás deles organizando un Mercadillo de Entroido que lles axude a sufragar os custos da súa viaxe de fin de curso.
A rapazada venderá comida e artesanía, pero tamén farán tatuaxes infantís, pintacaras, retos… e ata haberá música en directo. Achégate ata alí para botar unha ollada! Estarán de 17:00 a 20:00 horas. Aproveita e non dubides en apoiar a súa actividade!
Colabora: Concello de Ares.