Queres aprender a manexar un ordenador dende o máis fundamental (como se move un ratón, que hai no escritorio, como navegar por Internet…)? Ou quizais comezar a deseñar presentacións e usar follas de cálculo no teu día a día?

Comparte esta nota de prensa

Tes a posibilidade de facer todo isto nos cursos que promove o Concello na Casa da Xuventude, na súa Aula CeMIT, ambos coas inscricións xa abertas!

O primeiro deles, o Curso de informática básica, achega unha visión global dos elementos esenciais dentro do ordenador. Serve como primeiro contacto coa tecnoloxía, orientado ademais a cuestións prácticas dentro da cotiandade.

A segunda formación, o Curso de primeiros pasos na ofimática, axudarache a mellorar e optimizar a realización de certas tarefas, dende botar contas a escribir. Aprenderás como funciona un procesador de texto, unha folla de cálculo e un programa de deseño de presentacións.

Para inscribirse (ou solicitar máis información), pódese acudir presencialmente á Casa da Xuventude, mais tamén contactar co 981 94 95 91, encher un formulario telemático que se atopará na páxina web municipal, www.concellodeares.gal, ou enviar un correo electrónico a aula.informatica@concellodeares.com.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN: https://forms.gle/WWqeY99fidsmVrHm7

MÁIS INFORMACIÓN: https://concellodeares.com/cursos-de-informatica-basica-e-primeiros-pasos-na-ofimatica/

Pódeche interesar