Organizado pola Deputación provincial da Coruña coa colaboración dos concellos de Ares, Ferrol e Valdoviño, reunirá estes días na cidade naval a expertos nacionais e de diferentes países europeos, que achegarán a súa visión sobre as defensas da costa ao longo da historia e o seu potencial como polos de dinamización turística.
De feito, a propia Deputación impulsará un ambicioso proxecto que partirá este ano cun investimento dun millón de euros, para dar comezo ao Plan de Recuperación das baterías militares da Bailadora, en Ares; a de Campelo, en Valdoviño; e o observatorio de Monteventoso, en Ferrol.
O Congreso é gratuíto e aberto ao público interesado, mais convén inscribirse para participar nas visitas guiadas que se desenvolverán durante a xornada de mañá sábado a Exponav e ás baterías militares de Prior, a través da páxina web www.apuntandoaomar.com. Aínda así, para quenes o prefiran, tamén está dispoñible o streaming.
Podes acceder ao directo en: http://bit.ly/3I5IQNN.