Lembra que o martes, 31 de xaneiro, conclúe a campaña de consumo de proximidade que promove a Concellaría de Comercio e co que se están a repartir 5.000 euros en premios. Unha iniciativa á que se sumou hostalería, negocios de alimentación e servizos, comercios… en definitiva, máis de 90 locais de Ares que fixeron posible a terceira edición do MercAres!
Aproveita os días que quedan antes do peche oficial da campaña!!