Última semana e media para desfrutar do MercAres!

Lembra que o martes, 31 de xaneiro, conclúe a campaña de consumo de proximidade que promove a Concellaría de Comercio e co que se están a repartir 5.000 euros en premios. Unha iniciativa á que se sumou hostalería, negocios de alimentación e servizos, comercios… en definitiva, máis de 90 locais de Ares que fixeron posible […]

Onte, a Concellaría de Deportes retomou a primeira ruta do SendAres, fixada para o pasado outubro e que se tivo que adiar no seu momento por cuestións metereolóxicas

Sexa coma for, os sendeiristas puideron achegarse á contorna de Belelle e contemplaron a súa fermosa cascada dende diferentes puntos de vista, tamén apreciando a variedade de tons verdes da paisaxe. Un itinerario tranquilo, sen grandes dificultades, que foi perfecto para desfrutar da natureza. Estas foron algunhas das imaxes que nos deixou a xornada