Despide o 2022 con movemento e diversión na sesión de zumba que programa a Concellaría de Deportes para o sábado, 31 de decembro! En horario de mañá (12:00 a 13:00 h.), poderás pasalo ben nunha clase guiada para todas as idades.
Se a climatoloxía acompaña, realizarase na Praza da Constitución e, no caso de que chova, trasladarase ó pavillón polideportivo de Ares na mesma franxa horaria.
Podes inscribirte ata as 13:00 horas deste xoves, 29 de decembro, na Alianza Aresana ou no teléfono 981 448 057. Non quedes sen a túa praza!!