Os Reis Magos xa están de camiño a Ares dende Oriente

Comparte esta nota de prensa

As súas maxestades chegarán á nosa localidade o 5 de xaneiro, pero tamén precisarán da axuda da mocidade da vila para a súa cabalgata.

De feito, na biblioteca municipal de Ares recibiron a súa mensaxe e a partir de mañá, mércores 28 de decembro, ata as 14:00 horas do 4 de xaneiro, estarán recollendo as solicitudes para ser paxes dos Reis Magos. Ese mesmo día, pola tarde, realizarase o sorteo das prazas.

Se tes de 5 a 10 anos e estás interesado/a en acompañalos, achégate ata a Alianza Aresana e apúntate!!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.