A Concellaría de Urbanismo anunciou hoxe o remate das obras de pavimentación no tramo entre a saída da urbanización de Marina do Pombal, aproximadamente, ata o cruce en dirección Rodelas e Solaina.
A intervención repuxo o pavimentado que presentaba un tratamento de triple reglo en mal estado, co principal obxectivo de mellorar a comunicación interna entre os núcleos poboacionais desa área. Ademais, os traballos permitiron conectar co aglomerado realizado en lexislaturas anteriores en todo o núcleo rural máis próximo.
As obras contaron cun investimento de 48.212,53 euros que se asumiron entre a liña de axuda proporcionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e o propio Concello de Ares.