CAMPAÑA DE APOIO AO PEQUEÑO COMERCIO E Á HOSTELERÍA DE ARES 2022

Comparte este evento

1 de decembro do 2022 ao 31 de xaneiro do 2023

BASES DE PARTICIPACIÓN

1-         OBXETO:

O obxeto destas bases, é a participación de todas aquelas persoas en calidade de clientes ou consumidores que desexan participar no pobo de Ares co fin de apoiar, ao comercio e á súa hostalería local.

2-        PROCEDEMENTO:

O Concello de Ares comprométese a:

1-Organizar e impulsar a campaña de apoio

2-Proporcionar a publicidade necesaria para o desenvolvemento da campaña

(carteis, rascas, difusión ñas redes sociais, páxina web…)

3-Realizar o seguimento e resolver cantas cuestións xurdan.

O PREMIO REALÍZASE  DA SEGUINTE FORMA

Os locáis darán aos seus clientes un vale-rasca por compras superiores a 10 euros.

Os clientes que resulten agraciados, estarán obrigados a gastar as cantidades premiadas en calquera dos establecementos adheridos do concello de Ares, ben sexa de hostalería como do pequeño comercio.

Vale para compras superiores, o agraciado pode poner o resto do importe, e por inferiores quedará o crédito pendente.

Os vales premiados, serán entregados polos empresarios ou donos dos
establecementos na entidade ABANCA de Ares, cuxa entidade lle ingresará en
efectivo.- O  vales caducarán aos cinco meses. Data límite o 30/04/2023.

Para iso terá que presentar, o ticket de compra no establecemento onde vai ser canxeado o premio, nome e DNI do agraciado, xunto o vale premiado.

Lembramos que para maior axilidade grapen os seus resguardos ao boleto premiado.

O premio de maior contía (500 euros), entregarase ao cliente agraciado no Concello de Ares, quen deberá achegar, o seu ticket correspondente. O vale de compra deste importe, poderá ser fraccionado a pedimento da persoa ganadora, por vales inferiores ata o seu importe total.

Todos   os   comercios   adheridos,   terán   un   adhesivo   identificativo   conforme participan no apoio á hostalería e ao comercio local.

NUMERO DE VALES PREMIADOS

100 VALES DE 5 EUROS

100 VALES DE 10 EUROS

50 VALES DE 20 EUROS

20 VALES DE 50 EUROS

10 VALES DE 100 EUROS

1 VALE DE 500 EUROS

Total: 5.000 euros en premios

Cada establecemento que se adhira a esta campaña e as persoas que participan nela, aceptan o contido destas bases polo mero feito de participación e adhesión.

BASES en pdf

 

Pódeche interesar...

Eventos

OS MAIOS EN ARES 2026

1 de maio no parque Rosalía de Castro. Dende as doce do mediodía comezaremos facendo os MAIOS. Podedes participar, facelo voso, traer tuia, piñeiro… Deseguido,

Eventos

Festividade de San Xosé Obreiro 2026

Data: 1 de maio de 2026 Lugar: Ares (A Coruña) Programa de Actividades 11:00 h – Pasarrúas A cargo do Grupo de Gaitas Trouleada. 19:00