Adiado o Scape Room previsto para o 9 de maio
Segundo informa a Concellaría de Cultura, por motivos de saúde que imposibilitan á súa organización, adíase o Scape Room destinado á rapazada de 7 a 12 anos previsto para mañá, 9 de maio, ás 18:30 h. nas instalacións da Biblioteca Municipal de Ares. Desculpen as molestias.
Xa dispoñible a 2ª Exposición Multidisciplinar de Fotografía na Casa da Xuventude
Até o 26 de maio, veciñanza e amantes da fotografía da zona poden desfrutar da mostra que promoven a Concellaría de Cultura e a Asociación de Fotografía de Ferrolterra no andar superior da Casa da Xuventude. Esta 2ª Exposición Multidisciplinar está composta por preto de 50 instantáneas dos membros da asociación ferrolterrá e supón unha […]
A Concellaría de Benestar organiza unha excursión até Portugal para a veciñanza
O sábado, 15 de xuño, os e as aresáns poderán visitar Valença do Miño, Vila Nova de Cerveira e Fortaleza por un prezo de 30 euros que xa inclúe o xantar e o servizo de autobús. As inscricións para empadroados/as abren hoxe, 8 de maio, até o 16 deste mesmo mes, a partir do cal […]
Estudantado do CPI As Mirandas coñece as posibilidades da vela adaptada
Esta semana, a Concellaría de Deportes programou unha nova actividade que axuda a ver o deporte dende unha visión máis inclusiva, incorporando unha saída á ría guiados por Álvaro Illobre en embarcación adaptada para persoas con mobilidade reducida. A iniciativa, organizada dentro do programa europeo Sporural, contou coa colaboración de ADM Ferrol e o Club […]