O Concello de Ares atópase actualmente no proceso de adhesión definitiva á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde (SNS).

Como parte deste compromiso, planificouse unha serie de actividades que levarán a cabo ao longo dos anos 2023 e 2024. Algunhas destas actividades xa se están realizando. O obxectivo principal destas accións é promover a saúde e o benestar da poboación, fomentando contornas e estilos de vida saudables e fortalecendo a seguridade. A continuación, achegamos […]

Intrépidos e valentes exploradores, portando as súas lanternas, enfrontáronse ás teas de araña e á escuridade mentres se aventuraban na enigmática Alianza Aresana.

O edificio que alberga a biblioteca municipal de Ares transformouse nun lugar inusualmente sombrío para dar a benvida ao Buscapistas do Samaín, unha iniciativa incluída na programación cultural do Concello para esta tempada. Tanto nenos e nenas de idades comprendidas entre 3 e 6 anos, os 7 e 10 anos, así como os 11 e […]