O Concello habilitou un novo aparcadoiro público gratuíto no núcleo urbano de Ares, que proporciona ao redor de setenta novas prazas de estacionamento
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2023/07/02-aparcadoiro-publico-gratuito-concepcion_arenal_2023-1024x768.jpg)
Este novo equipamento está situado na rúa Concepción Arenal, unha zona céntrica que ofrece fácil acceso ás principais atraccións e servizos da vila. Para levar a cabo esta actuación, o Concello xestionou a adquisión da parcela, que conta cunha superficie de 2.387 m2, formalizando a súa compra o pasado mes de maio. Posteriormente, realizáronse os […]
Rematan as obras de revestimento de vestiarios no Complexo Deportivo de Pedrós
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2023/07/01-Rematan-as-obras-vestiarios-Pedros-2023-1024x768.jpg)
A concellaría de Urbanismo anunciou a finalización dos traballos de revestimento exterior dos vestiarios no complexo deportivo de Pedrós. Esta actuación foi proxectada pola administración local co obxectivo mellorar o aspecto estético do edificio, así como facilitar o seu mantemento, ademais de acadar unha notable mellora en termos de eficiencia enerxética. O custo desta intervención […]
A pista deportiva de Chanteiro converteuse no escenario do II Campionato de Fútbol Sala Base, organizado polo Centro Cultural Outeiro co apoio da concellaría de Deportes municipal.
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2023/07/04-II-Campionato-de-Futbol-Sala-Base-Outeiro-Chanteiro-2023-1024x576.jpg)
O torneo deu iniciou o pasado 5 de xullo e logrou reunir a numerosos xogadores novos, que están a destacar polo seu nivel futbolístico. Tras varios días de encontros, as finais disputaranse a próxima semana. Ao peche do torneo haberá premios para os gañadores de cada categoría, nunha cerimonia de clausura que terá lugar o […]