Os escolares de Ares gozan dunha versión lúdica e didáctica do deporte cunhas xornadas centradas na orientación e na práctica de actividades náuticas
Esta semana arrancou no CPI As Mirandas unhas das actividades con máis éxito co foco posto nos nenos e nenas do municipio. Trátase de “Actividade deportiva escolar” e “Xogando co auga e co vento”, unhas iniciativas organizadas polo Concello de Ares en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte, co obxectivo de promocionar a saúde, […]
O alumnado-traballador do Taller de Emprego Reinicia IX ten todo preparado para a instalación da nova varanda de madeira no Parque Rosalía!
O Reinicia IX está a levar a cabo o proxecto de dotación dunha nova varanda para delimitar o Parque Rosalía, onde os integrantes da especialidade de carpintería e moble están a realizar un excelente traballo. Despois de fabricar os balaústres e tratalos cun recubrimento protector, o alumnado procedeu a armar as varandas e xa se […]
Últimos días para inscricións no programa “Conciliares”! Ata o 31 de maio poderás inscribir aos teus fillos/as de 3 a 12 anos neste servizo municipal que promove a conciliación durante xullo e agosto.
Con actividades lúdicas, educativas e a oportunidade de interactuar con outros nenos/as, “Conciliares” converteuse nunha opción moi valorada polas familias da nosa localidade. Podes entregar a documentación no Departamento de Servizos Sociais ou facelo de forma rápida e sinxela a través do rexistro electrónico na web institucional. Consulta toda a información aquí: https://concellodeares.com/proxecto-xeral-do-servizo-de-conciliares-2023/
Lembra que o Concello abriu o prazo para a adquisición de nichos e columbarios do novo cemiterio municipal, que estará vixente ata o 30 de xuño.
Os interesados poden presentar a súa solicitude de forma presencial ou electrónica. Os nichos e columbarios asignaranse por orde de inscrición e, unha vez completada a oferta, realizarase un sorteo público para a súa adxudicación. O prezo por unidade oscila entre 2.450 e 2.650 euros para nichos e entre 850 e 950 euros para columbarios, […]