Os Concellos de Ares e Mugardos preparan a tradicional romaría do Voto de Chanteiro para o 30 de Maio
Os municipios de Ares e Mugardos están a organizar os preparativos para a celebración da romaría do Voto de Chanteiro, que terá lugar o vindeiro martes 30 de maio. Esta festividade, arraigada na tradición local, atrae por centos de persoas cada ano e converteuse nun evento moi esperado tanto polos habitantes destes municipios como por […]
O punto limpo móbil xa está dispoñible en Pedrós para que a veciñanza depositen residuos especiais como pilas, baterías, lámpadas, tubos fluorescentes, aceites, roupa, calzado e pequenos electrodomésticos.
A partir da próxima semana, o punto limpo móbil instalarase tamén en Barracido, Cervás, Mazote e Mariña do Pombal. Esta iniciativa fomenta unha xestión adecuada dos residuos e promove a protección do medio ambiente na contorna.