A Biblioteca Municipal celebrou o Día das Letras Galegas dunha forma diferente e moi creativa!
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2023/05/01-Obradoiro-lettering-na-biblioteca-2023-517x1024.jpg)
Foi este luns co obradoiro de lettering “A arte de debuxar as letras”, dirixido ao público de 8 anos en diante. Os asistentes usaron fragmentos de autores en lingua galega e debuxaron as súas letras coa técnica do lettering, utilizando diferentes tipografías para crear obras artísticas e visualmente moi atractivas. Os resultados foron espectaculares!
No marco da programación do Día das Letras Galegas 2023, o Concello ofrece o próximo luns, 22 de maio, o espectáculo de narración oral e monicreques “A viaxe feliz de Ramón Sanfiz”, da compañía Fantoches Baj.
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2023/05/cartel-A-viaxe-feliz-de-Ramon-Sanfiz-2023.jpeg)
A produción, dirixida ao público familiar, está baseada na obra 𝐺𝑎𝑙𝑖𝑐𝑖𝑎, libro de crónica de viaxes de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado deste ano. A representación celebrarase no salón de actos da Alianza Aresana, a partir das 18.00 horas. A entrada é gratuíta e non require reserva previa. A actividade conta co apoio do […]