A Alianza Aresana acolleu na tarde de hoxe, día 28 de abril, o acto de entrega de premios do III Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos, organizado polo Concello de Ares e o CPI As Mirandas, que contou cun total de 106 participantes, divididos en dúas categorías, a de “Primaria” (4º, 5º e 6º) e a de “ESO”.
Os gañadores nas respectivas modalidades foron Valeria Villares Otero con “A nena pantasma” e Leo de Navas Rodríguez con “A vida soñada”. Ambos recibiron o premio dunha tablet/ebook. Tamén recibiron premios os segundos clasificados de cada categoría, neste caso un lote de libros. Así, Elia Toribio García con “A praia”, quedou finalista na modalidade “Primaria”; […]
Na mañá de hoxe, o club de lectura municipal reuniuse para comentar a obra “O ceo é azul, a terra branca” da autora xaponesa Hiromi Kawakami. A sesión foi moderada polo equipo técnico da Biblioteca, quen dirixiu a discusión ao redor da obra e os seus principais temas.
Durante a reunión, o grupo debatiu sobre os personaxes da novela, as súas personalidades e relacións interpersoais, así como sobre a maneira en que a autora aborda temas como a soidade, a identidade e a amizade. Tamén se discutiu sobre o estilo de escritura de Kawakami e como este afecta a forma en que o […]
Estas son algunhas imaxes que nos deixou a celebración da Semana do Libro na Biblioteca Municipal!
Os máis pequenos deixaron voar a súa imaxinación escoitando a narración de asombrosos contos e expresaron a súa creatividade artística e literaria a través das manualidades. Unha forma divertida para inspirar ás xeracións futuras a seguir lendo e explorando novas historias e aventuras! Anterior Siguiente Anterior Siguiente
Se es amante do cine e a música en directo lembra que este domingo hai un evento en Ares que non te podes perder
A proxección da película “El Chico” con música en vivo de Fran Rey. O evento desenvolverase na Alianza Aresana a partir das 19.00 horas. Será unha experiencia cultural única e enriquecedora, non deixes pasar a ocasión de asistir!
Non esquezas que o prazo para apuntarse nos talleres infantís de reciclaxe empeza hoxe mesmo, venres 28 de abril, ás 15:00 horas!
Os talleres, “Ramas Literarias” e “Cadriños feitos con Refugallo de Praia”, dirixidos a nenos/as de 7 a 12 anos, son gratuítos e levaranse a cabo o próximo 6 de maio na praza da Consitución, pero as prazas son limitadas e require reserva previa. Será unha excelente ocasión para que os máis pequenos poidan aprender sobre […]