Últimos días para inscribirte no ZumbAres Fin de Ano
Despide o 2022 con movemento e diversión na sesión de zumba que programa a Concellaría de Deportes para o sábado, 31 de decembro! En horario de mañá (12:00 a 13:00 h.), poderás pasalo ben nunha clase guiada para todas as idades. Se a climatoloxía acompaña, realizarase na Praza da Constitución e, no caso de que […]
Os Reis Magos xa están de camiño a Ares dende Oriente
As súas maxestades chegarán á nosa localidade o 5 de xaneiro, pero tamén precisarán da axuda da mocidade da vila para a súa cabalgata. De feito, na biblioteca municipal de Ares recibiron a súa mensaxe e a partir de mañá, mércores 28 de decembro, ata as 14:00 horas do 4 de xaneiro, estarán recollendo as […]
Aproveitando os raios de sol que temos nas últimas xornadas, é bo momento para desfrutar da hostalería que participa no MercAres!
Se estás pensando onde poder gastar ou mesmo atopar algún dos 280 vales-rascas que habilita a campaña de consumo local do Concello, bota unha ollada aos 11 dos 35 locais de hostalería que achegamos hoxe, dentro do ciclo de presentacións de negocios que decidiron sumarse á iniciativa.
Lembra que mañá, mercores 28 de decembro, a Alianza Aresana acollerá o espectáculo infantil “Cantando con Pinocho” organizado pola Concellaría de Cultura!
Será ás 18:00 horas e, coas actuacións de Cristian Leggiero e Paty Lesta, narrarase unha emocionante aventura sobre Pinocho onde se fala, sobre todo, da importancia de loitar por cumprir os soños, incluíndo cancións con piano e acordeón. Achégate ata o salón de actos da Alianza Aresana!!