A Igrexa de San Xosé de Ares encheuse para escoitar ás cinco agrupacións que actuaron no XI Festival de Panxoliñas Concello de Ares
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2022/12/PANXOLINAS-2022_1.jpg)
O certame promovido pola área de Cultura regresou onte á vila para achegar a mellor mostra de música coral da localidade a través das actuacións do coro parroquial, a banda da A.C. Xábrega, a Rondalla de Trovadores de Ares, o grupo Son de Troula e a escola de música Laura Morgade. Cada un achegou o […]
A XVII Carreira Popular de Fin de Ano Mugardos-Ares conclúe con preto de 200 corredores
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2022/12/01-Carreira-Popular-Fin-de-ano_2022.jpg)
Malia o forte vento que houbo na xornada de onte, domingo 18, uns 200 corredores/as anímaronse a percorrer os 10 quilómetros da Carreira de Fin de Ano entre Ares e Mugardos, poñendo peche a un evento xa tradicional entre os dous concellos para despedir o ano con deporte e dende o ambiente navideño. Non faltaron, […]
24 participantes sumáronse á terceira ruta do SendAres para coñecer todo un monumento natural galego: os cantís da costa de Dexo, un tramo costeiro espectacular que se sitúa entre os faros de Mera e o porto de Lorbé, nas rías de Ares-Betanzos e A Coruña.
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2022/12/01-SendAres_Costa-de-Dexo_2022-1024x768.jpg)
Calas sorprendentes, formación xeolóxicas producidas pola forza do mar e unha paisaxe singular chaman particularmente a atención ao longo do percorrido. Toda unha experiencia que se disfrutou a través do programa de sendeirismo municipal da Concellaría de Deportes! Podes botar unha ollada á paisaxe e ás imaxes que deixou a xornada do domingo pasado aquí […]
En colaboración co Concello, a escola Comp-Arte ofreceu este sábado 17 unha demostración das súas mellores coreografías de danza moderna!
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2022/12/Comp-Arte-Festival_2022-1024x447.jpg)
O seu alumnado materializou esta iniciativa que tivo lugar pola mañá no pavillón polideportivo municipal da nosa localidade e que permite entrar nas últimas semanas do ano con música e moito baile!
Familia, amizades, entrenadores e veciñanza apoiaron o sabádo pasado na casa consistorial aos dous últimos aresáns homenaxeados polos seus éxitos deportivos:
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2022/12/12-Recepcion-deportiva_2022-683x1024.jpg)
Cristian Carnero Solís, Campión de España de World Natural Bodybuilding Federation (WNBF) e 3º do Mundo en Banpam Weight 2022, e Óscar Fernández Allegue, Campión de España Cadete masculino de Remoergómetro 2022. O salón de plenos da institución acolleu este acto en recoñecemento dos seus logros, pero tamén do seu esforzo para acadalos, que estivo […]
O concello de Ares resulta beneficiario da Liña 3 de Axudas para puntos limpos móbiles
![](https://concellodeares.com/wp-content/uploads/2022/12/02-punto-limpio-mobil-2022.png)
O concello de Ares resulta beneficiario da Liña 3 de Axudas para puntos limpos móbiles, cunha financiación que correspondente ao 89% do total do proxecto, no que o importe correspondente a nosa entidade e de 63.190,00 € financiado ao abeiro da RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2022 pola que se conceden as subvencións convocadas […]