24 participantes sumáronse á terceira ruta do SendAres para coñecer todo un monumento natural galego: os cantís da costa de Dexo, un tramo costeiro espectacular que se sitúa entre os faros de Mera e o porto de Lorbé, nas rías de Ares-Betanzos e A Coruña.

Comparte esta nota de prensa

Calas sorprendentes, formación xeolóxicas producidas pola forza do mar e unha paisaxe singular chaman particularmente a atención ao longo do percorrido. Toda unha experiencia que se disfrutou a través do programa de sendeirismo municipal da Concellaría de Deportes!

Podes botar unha ollada á paisaxe e ás imaxes que deixou a xornada do domingo pasado aquí embaixo 👇

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.