Durante a tarde de onte, a concelleira de Turismo, Lucía Blanco, acudiu á Asociación Nuestra Señora de Chamorro, a entidade sen ánimo de lucro que atende a persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias, para encontrarse cos usuarios aresáns e falar da localidade.
Xunto á técnica turística deste verán, Griselda Ritrovati, descubriron onde viven os participantes e que recunchos de Ares son os seus preferidos. Tamén conversaron sobre o pasado indiano, que nos deixou edificios tan particulares, o Mosteiro de Santa Catalina ou as cousas que poderían ver, por exemplo, dende o barco M. Presas: os deflíns, a […]
O próximo luns, 24 de outubro, ás 18:00 horas, a Alianza Aresana acollerá unha sesión informativa sobre a prevención das principais causas de dano cerebral dirixida pola traballadora social de FEGADACE, a Federación Galega de Dano Cerebral.
A charla está aberta a todo tipo de públicos e tamén debullará o modelo de atención e rehabilitación que se desenvolve nas asociación galegas especializadas nesta tipoloxía de afectacións. Centrarase, especialmente, en presentar o recurso asociativo máis próximo a Ares: ADACECO, a Asociación de Dano Cerebral da Coruña. Trátase dunha boa oportunidade para informarse da […]