O próximo luns, 24 de outubro, ás 18:00 horas, a Alianza Aresana acollerá unha sesión informativa sobre a prevención das principais causas de dano cerebral dirixida pola traballadora social de FEGADACE, a Federación Galega de Dano Cerebral.

Comparte esta nota de prensa

A charla está aberta a todo tipo de públicos e tamén debullará o modelo de atención e rehabilitación que se desenvolve nas asociación galegas especializadas nesta tipoloxía de afectacións. Centrarase, especialmente, en presentar o recurso asociativo máis próximo a Ares: ADACECO, a Asociación de Dano Cerebral da Coruña.

Trátase dunha boa oportunidade para informarse da man de profesionais que traballan día a día na prevención e sensibilización destas afectacións cerebrais.

Pódeche interesar