A segunda das iniciativas que celebran o Día do Orgullo Neofalante coma parte da programación municipal xa está lista no CPI As Mirandas!
Dende hoxe, luns 3, ata o venres, 7 de outubro, a comunidade educativa ten á súa disposición a mostra “Cantámola”, un conxunto de 14 paneis que chegan a a través do Servizo de Normalización Lingüística que comparte o mesmo Concello con Cabanas, Valdoviño, Mugardos e Neda. A exposición afonda na oferta musical de Galicia e […]
O obradoiro dual de emprego Reinicia IX pon en marcha a súa actividade teórico-práctica para os próximos 12 meses
O salón de actos da Alianza Aresana acolleu a inauguración do programa coa presenza das autoridades implicadas na novena edición. Desta volta, achegarase formación en Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e Traballos de Carpintería e Moble, incluíndo aplicación de vernices e lacas. A concelleira de Emprego de Ares, Alma Barrón; os rexedores […]
Ares participará de novo na limpeza simultánea de praias promovida pola Asociación Ecoloxista ADEGA durante este mes de outubro!
A Agrupación Instrutiva de Caamouco súmase á súa convocatoria coa colaboración do Concello para limpar a Praia de Area Morta (Redes) nunha iniciativa que busca visibilizar o impacto do lixo no mar e areais galegos. Realizarase o sábado, 15 de outubro, comezando preto das 11:00 horas. Se desexas botar unha man, realiza a túa inscrición […]
O pasado 1 de outubro, por mor do Día do Orgullo Neofalante, o humor de Cándido Pazó chegou á Alianza Aresana co seu espectáculo “Botando a lingua a pastar”
Historias, retranca e, coma pano de fondo, mesmo reflexións arredor da lingua galega nesta actuación promovida pola Concellaría de Cultura! Con todo, durante esta semana tamén se continuará coa programación coordinada co Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade para celebrar e homenaxear ao neofalantismo, desta volta achegándose ó público máis mozo coa exposición “Cantámola” no […]