Zonas Wifi

WIFI

Trátase dun sistema para crear unha rede de ordenadores sen necesidade de cable a través do espectro radioeléctrico que utiliza unha frecuencia reservada a un uso doméstico.
Wifi utilízase como denominación xenérica para os produtos que incorporan calquera variante da tecnoloxía sen fíos 802.11, que permite a creación de redes de traballo sen cables (WLAN).
O desenvolvemento das tecnoloxías wifi considérase como unha das principais tendencias en telecomunicación.

 

Utilidade

A súa utilidade é basicamente a creación de redes, que poden ser de varios tipos:

  • Cidadás (como exemplo, podemos citar o ares-wireless) co seu propio rango de IP e algúns nodos, que ofrecen acceso gratuíto a Internet, almacenamento de datos, xogos en rede, etc.
  • Negocios, hoteis, cafeterías, bares, áreas de servizo, aeroportos, estacións, etc., que ofrecen aos seus clientes a conexión a Internet a través dun código nunha zona sinalizada.
  • Universidades, institucións, sedes oficiais, etc.

 

Zona wifi do Concello de Ares

As redes wifi do Concello de Ares son zonas de libre acceso, onde calquera usuario se pode conectar a Internet co seu portátil.