Xa dispoñibles as inscricións para os obradoiros do VIII Ares Indiano

Comparte esta nota de prensa

Xa podes formalizar a reserva de praza para os obradoiros que impulsa o Concello no VIII Ares Indiano.

Lembra que as inscricións se realizan telematicamente a través da páxina web institucional, www.concellodeares.gal, accedendo á seguinte ligazón:  https://concellodeares.com/inscricions-obradoiros-ares-indiano-2025/.

Consulta aquí embaixo a oferta que se impulsou para esta última edición.

OBRADOIROS TEMATIZADOS

  • Decora a túa bolsa – máis de 4 anos
  • Pintura Caribeña co Taller Mukina – de 4 a 13 anos
  • Decora o teu abanico – máis de 4 anos
  • Búsqueda do tesouro indiano – de 4 a 12 anos
  • Todos eles parten dun prezo de 3 euros.

OBRADOIROS DE CUSTOMIZACIÓN DE COMPLEMENTOS INDIANOS

En colaboración coa empresa compostelá de vestimenta histórica Chimpos, organízanse dous obradoiros para este martes, 19 de agosto, de 17:00 a 20:00 h., e para o mércores, 20 de agosto, de 10:00 a 13:00 h.

Quen se anime a inscribirse, baixo un prezo de 6 euros co material incluído, poderá confeccionar sombreiros, cinturóns, luvas, parasol ou diademas da man de Betty Sieira.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.