Xa dispoñible a 2ª Exposición Multidisciplinar de Fotografía na Casa da Xuventude

Comparte esta nota de prensa

Até o 26 de maioveciñanza e amantes da fotografía da zona poden desfrutar da mostra que promoven a Concellaría de Cultura e a Asociación de Fotografía de Ferrolterra no andar superior da Casa da Xuventude.

Esta 2ª Exposición Multidisciplinar está composta por preto de 50 instantáneas dos membros da asociación ferrolterrá e supón unha viaxe por diferentes maneiras de ollar e capturar a realidade, poñendo o foco na fotografía de paisaxes e aves, de carácter nocturno ou mesmo da arquitectura dispoñible na comarca.

É posible visitala de luns a venres pola mañá, de 9:30 a 14:30 h, mais tamén os mesmos venres de 16:00 a 20:00 h.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña