O obxectivo deste concurso é convidar á xuventude a mirar na súa contorna aresá como contexto onde recoñecer a súa herdanza a través das imaxes, espertando a capacidade de observar todo o que lles rodea e recoñecerse en pequenas historias e/ou paisaxes que dean conta do seu vencellamento cunha memoria colectiva deste pobo. En concreto, invitamos a fotografar espazos, lugares, obxectos, festas e eventos representativos e situacións da súa contorna que consideren parte da súa identidade
QUEN PODE PARTICIPAR?
Pode participar xente nova de 8 a 18 anos, empadroada en Ares ou que sexa alumnado do CPI As Mirandas.
CALES SON AS CATEGORÍAS?
- CATEGORÍA A: De 8 a 12 anos.
- CATEGORÍA B: De 13 a 18 anos.
PRAZOS E LUGAR DE ENTREGA
A recepción das obras participantes farase a través do correo electrónico: concursofotografia@concellodeares.com.
O prazo de presentación será do 7 ao 31 de outubro de 2024 ás 20:00 h.
COMO PARTICIPAR?
Poderase mandar un máximo de dúas fotografías por participante e achegar os seguintes datos no correo electrónico que se envíe:
- ASUNTO: VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES
- AUTOR E OBRAS: Formularios de solicitude de participación e de identificacións das fotografías cubertos, asinados e escaneados. Poderá descargar os formularios na páxina web do concello en www.concellodeares.gal.
No caso de que nas fotografías aparezan terceiras persoas deberá achegar escaneada tamén a autorización de imaxe asinada por elas.
CARACTERÍSTICAS DAS FOTOGRAFÍAS
- Todas as fotografías deben conter os datos mencionados no parágrafo anterior.
- So serán admitidas as fotografías en formato dixital e non estará permitido editalas ou melloralas.
- As fotografías deben ter entre 6 e 12 Megapixels, en formato JPEG ou JPG.
- As fotografías non poden conter imaxes violentas, degradantes ou ataques directos a individuos ou organizacións. Calquera fotografía considerada ofensiva será descalificada.
- As fotografías non deben infrinxir os dereitos de terceiros.
- As fotografías deben ser orixinais, tomadas ao longo do 2024 e non publicadas con anterioridade, así como non ter sido presentadas noutros concursos.
FALLO E PREMIOS
- O xurado designado pola Concellaría de Cultura, avaliará as fotografías recibidas en base a: o adecuado seguimento das bases, a creatividade, a orixinalidade da obra e a representatividade do pobo.
- Elixiranse un total de 6 fotos (3 de cada categoría agás excepción motivadas do xurado).
- Cada participante poderá ser finalista só cunha das fotografías presentadas, polo que, no caso de coincidir, o xurado deberá elixir outra no seu lugar.
PREMIOS
As fotografías gañadoras pasarán a formar parte do calendario do concello 2025 que se reparte por todo o municipio, identificando a autoría daquelas.
CATEGORÍA A:
- 1º PREMIO: Cámara de fotos ou Tablet
- 2º e 3º PREMIO: Un lote de libros
CATEGORÍA B:
- 1º PREMIO: Cámara de fotos ou Tablet
- 2º e 3º PREMIO: Un lote de libros
CONDICIÓNS XERAIS
- As persoas participantes no concurso deberán enviar as súas fotos con toda a documentación requirida, en caso contrario non serán admitidas.
- No momento de enviar as fotos, as persoas participantes conceden de xeito gratuíto o dereito de usar as fotos de calquera xeito e en calquera medio, incluíndo o dereito sen limitación, de publicar, distribuír, modificar, adaptar e amosar publicamente dito contido.
- O Concello de Ares non asume ningunha responsabilidade por calquera retraso ou perda no envío das fotos.
- As persoas participantes aceptan as bases polo mero feito de participar no concurso.
- Non poderán participar as persoas gañadoras dos primeiros premios da edición anterior.
FORMULARIO_DE_INSCRICION_FOTOGRAFIA_XUVENIL-2024
FORMULARIO_AUTORIZACION_IMAXES_TERCEIROS_CONCURSO_FOTOGRAFIA_XUVENIL-2024