VERANEARES DEPORTIVO 2022

Comparte este evento

Descubre as principais propostas deportivas municipais

CAMPAMENTO DEPORTIVO URBÁN

IDADE E PRAZAS:
De 6 a 12 anos – poderán participar só os nen@s con 6 anos ou que os cumpran na anualidade de 2022.
50 prazas para o campamento.
LUGARES E HORARIOS:
No pavillón municipal e espazos exteriores da vla (parques, prazas, praia…).
De luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas.
PREZOS:
Quincenais: 31,31 euros (empadroad@s) / 52,18 euros(non empadroad@xs)
Mensuais: 57,39 euros (empadroad@s) / 99,13 euros (non mpadroad@s)

XOGOS NAS PARROQUIAS

IDADE E PRAZAS:
De 4 anos a 9 anos de idade; 12 prazas por parroquia.
LUGARES E HORARIOS:
• CERVÁS: martes e xoves de 11:00 a 13:00 horas na pista do CIRS de Cervás.
• CHANTEIRO: luns e mércores de 11:00 a 13:00 horas na pista do C.C. Outeiro de Chanteiro.
• REDES: martes e xoves de 11:00 a 13:00 horas na Instructiva de Caamouco e contorna. Só na quenda do 1 ao 12 de agosto.
PREZOS:
Quincenais: 15,65 euros (empadroad@s) / 31, 31 euros (non empadroad@s)
Mensuais: 26,09 euros (empadroad@s) / 57, 39 euros (non empadroad@s)

XUVENTUDE VERÁN ACTIVO

11 ACTIVIDADES:
Modelado 3D, manexo de drons, padelsurf, jiu-jitsu, grappling, kaiak, voleipraia, padel, tenis de mesa, danzas urbanas e fútbol-burbullas.
IDADE E PRAZAS:
• Grupo 1: de 12 a 14 anos – poderán participar con 12 anos cumpridos ou que os cumpran no ano 2022.
• Grupo 2: de 15 a 18 anos – poderán participar con 15 anos cumpridos ou que os cumpran no ano 2022.
12 prazas por quincena en cada grupo.
PREZOS:
Quincenais: 45 euros (empadroad@s) / 75 euros 45 euros (empadroad@s) (non empadroad@s)
Inclúe os materiais para as distintas actividades.

TRÁMITES E INSCRICIÓNS

As reservas realizaranse para as tres quincenas habilitadas: do 1 ao 15 de xullo (1a quenda), do 18 ao 29 de xullo (2a quenda) e do 1 ao 12 de agosto (3a quenda). Existe a posibilidade de apuntarse por mensualidade completa, previo pago adiantado do importe.

A inscrición será a través da web www.concellodeares.com, no apartado VeraneAres Deportivo 2022. As prazas cubriranse por orde de inscrición, ata esgotar as prazas, nos prazos que seguen:

• Empadroad@s ou nen@s con titores empadroad@s: do 13 ao 21 de xuño.
• Resto de persoas: do 22 de xuño en adiante.

No caso de dúas ou máis inscricións por núcleo famil.iar, aplícase un desconto dun 25 % na segunda e sucesivas inscricións.

Procedemento de pago: unha vez confirmada a praza, haberá un período para efectuar a transferencia bancaria nun número de conta destinado a tal efecto.

Lembra que esta información de reserva e prazos só atinxe ao campamento deportivo urbán, xogos nas parroquias e xuventude verán activo.

MÓVETE VERANEARES

Bailes latinos de balde!
• Todos os martes durante o mes de xullo e primeira quincena de agosto.
• Na Praza da Constitución de Ares, baixo horario de 20:30 a 21:30.
Diversión con ritmos alén do mar!

Zumba-Ares de balde!
• Todos os xoves durante o mes de xullo e primeira quincena de agosto
• Na Praza da Constitución de Ares, baixo horario de 20:30 a 21:30.
Ven e móvete con nós!

As dúas actividades non teñen límite de prazas. Requiren de inscrición por xornada ata as 11:00 horas do día anterior á actividade. Teléfono de contacto: 981 448 057 ou inscribíndose na Alianza Aresana (de luns a venres, de 9:00 a 13:00 horas).

– Inscrición CAMPAMENTO DEPORTIVO URBÁN
https://forms.gle/DWFUj72F6LegJWnA9

-inscrición XOGOS NAS PARROQUIAS
https://forms.gle/BLAUQZ3UBE6dLoBS7

– Inscrición XUVENTUDE VERÁN ACTIVO
https://forms.gle/yBudgHcEwdp6swZz6

FOLLETO en pdf

Pódeche interesar...

Eventos

Vive o Nadal, Vive Ares

ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE NADAL 2024: https://forms.gle/KCwadgrJmuqLCTtE7 ACTIVIDADES NA CASA DA XUVENTUDE NADAL 2024: https://forms.gle/5hpLn3MVSfWSBh1v5 OBRADOIROS DE NADAL NA BIBLIOTECA 2024: https://forms.gle/1tgkGSrzLD4LWs3i6   MÉRCORES, 4 DE

Eventos

MercAres 2024-2025

CAMPAÑA DE APOIO AO PEQUEÑO COMERCIO E Á HOSTELERÍA DE ARES 1 de decembro do 2024 ao 31 de xaneiro do 2025 BASES DE PARTICIPACIÓN