Un contacontos, un obradoiro de cociña e teatro infantil para os nenos e nenas de Ares

Comparte esta nota de prensa

A semana remata no municipio con varias actividades que atenden a diferentes rangos de idade. O xoves centrarase nos pequenos de 5 a 9 anos e o venres, de 0 a 4.

A biblioteca municipal e a escola infantil da Galiña Azul servirán de escenarios destas programacións municipais.

A Concellaría de Cultura da localidade vén de anunciar o conxunto de actividades que se promoven esta semana para os máis pequenos. En colaboración co Servizo de Normalización Lingüística (SNL) compartido entre Ares, Cabanas, Mugardos, Neda e Valdoviño, e baixo o plan de fomento da lectura “Ler conta moito” da Xunta, o Concello achega dúas iniciativas para finalizar a semana.

A primeira desenvolverase o xoves, 31 de marzo, ás 18.00 horas e combinará gastronomía e poesía para as nenas e nenos de 5 a 9 anos. A Alianza Aresana recuperará o contacontos de “Marcelina en la cocina”, adiado a semana pasada, e incorporará unha sesión-obradoiro onde os pequenos aprenderán a facer milfollas de paté de marisco.

Será todo co foco posto na historia que se narrará, centrada nas aventuras de Marcelina, unha xirafa cociñeira que desexa preparar unha gran cea para a súa sobriña, mais armará unha lea despois de recibir os consellos disparatados dos seus amigos. A historia baséase no libro homónimo ao contacontos, unha publicación rimada que axuda a ter un primeiro contacto coa poesía de maneira divertida.

Dende a área de Cultura apuntan que para acudir ao contacontos e o posterior obradoiro será necesario inscribirse previamente contactando vía telefónica no 981 448 057.

TRÉMOLA TEATRO NA GALIÑA AZUL

A segunda actividade que recalará en Ares levarase a cabo na escola infantil da Galiña Azul o venres, 1 de abril, precisamente para que tamén os máis pequenos de 0 a 4 anos conten con actuacións en galego. O espectáculo sensorial “Que animaliño é?”, promovido dende a área de Cultura e o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade, desembarcará na escola da man de Trémola Teatro.

A obra, unha das principais actividades compartidas entre os concellos que integran o Servizo, fará que os bebés poidan gozar, coñecer e recoñecer o que vén ao seu redor a través dunha caixa máxica da que non pararán de saír diferentes animais. As creadoras, Paula Regueiro e Lucía L. Golán, actrices tituladas, abrirán así o mes de abril con doses de teatro infantil e diversión.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña