Últimos días para sumarse á marcha pedestre Móvete pola Igualdade!

Comparte esta nota de prensa

Unha actividade dinámica que aglutina reivindicación e práctica deportiva co foco posto na celebración da igualdade; esa é a base do evento do próximo 12 de marzo, a marcha pedestre de “Móvete pola Igualdade” promovida dende as Concellarías de Deportes e Igualdade e Benestar.

Se aínda estás pensando en inscribirte, o prazo estará aberto ata o venres, 11, tras a súa ampliación por parte da Organización. Dende a Concellaría de Igualdade motivan a “todas as persoas maiores de 12 anos, tanto homes coma mulleres a sumarse á iniciativa, porque é algo que vai máis aló da lectura dun manifesto”, unha iniciativa completa e con contido para reivindicar a participación da muller na sociedade desfrutando do benestar do deporte.

Xa sabes: próximo sábado, ás 11.30 horas, Móvete pola Igualdade! Todo o proceso é telemático na seguinte ligazón:

 

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña