Últimos días para solicitar as axudas económicas de agasallos de Nadal 2022

Comparte esta nota de prensa

O próximo martes, 20 de decembro, remata o prazo de solicitude da liña de apoio para costear a compra de agasallos de Nadal ás unidades familiares en situación de vulnerabilidade económica.

Lembra que os destinatarios da axuda son familias que residan e estean empeadroadas en Ares cunha antigüidade mínima de seis meses. Terán que ter ao seu cargo a algún menor que aínda non cumprise os 17 anos na festividade de Reis, amais de non superar os baremos económicos establecidos nas bases da axuda.

Unha vez tramitadas as solicitudes, ingresaranse 50 euros por cada menor beneficiario da familia que deberán destinarse á compra de xoguetes, cds, libros, ropa deportiva, artigos de deporte ou calqueira material ou instrumento relacionado coas novas tecnoloxías. Os tickets deberán ser gardados para entregalos posteriormente coma xustificación.

As persoas interesadas poden achegarse ata o Departamento de Servizos Sociais na Praza da Constitución ou contactar telefonicamente co 689 24 25 96 para informarse sobre a documentación e os procedementos administrativos que require a axuda.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña