Últimos días para inscribirse na XXX edición da Milla Urbana!

Comparte esta nota de prensa

A Concellaría de Deportes lembra que o prazo de inscrición para a Milla Urbana estará aberto ata as 23:59 horas do martes, 2 de agosto, a través desta ligazón:
https://www.carreirasgalegas.com/carreira/xxx-milla-urbana-concello-de-ares/a8017fab-c5e6-dd41-aca9-3a03aae5bdd0

A XXX Milla Urbana é unha proba oficial da Federación Galega de Atletismo, con distancia homologada, mais que está aberta tanto a atletas federados coma non federados. A variedade de percorridos e categorías converten a carreira nun evento de carácter familiar e interxeracional, para que todos os rangos de idade desfruten do deporte.

Segundo apunta a organización, os dorsais poderán retirarse o venres, 5 de agosto, de 9:00 a 13:00 horas na Alianza Aresana, ou o sábado nas mesmas instalacións ata media hora antes da proba.

Estes son os horarios establecidos para cada categoría na xornada do 6 de agosto, cando se realiza a Milla Urbana:

  • Prebiberóns 2019 50 (liña recta ata a meta) 11.05
  • Biberóns 2017-18 100 (liña recta ata a meta) 11.07
  • Prebenxamíns 2015-16 250 (xiro 125m) 11.10
  • Benxamíns/ sub10 2013-14 500 (xiro 250m) 11.20
  • Alevíns/ sub12 2011-12 800 (xiro 400m) 11.30
  • Infantís/sub14 2009-10 1000 (xiro 500m) 11.40
  • Cadetes/sub16 2007-08 1600 (xiro 800m) 11.50
  • Xuvenís/sub18 2005-06 1600 (xiro 800m) 11.50
  • Xuniors/sub20 2003-04 1600 (xiro 800m) 12.00
  • Promesa/sub23 2000-02 1600 (xiro 800m) 12.00
  • Seniors 1988-1999 1600 (xiro 800m) 12.00
  • Máster 1 1982-1987 1600 (xiro 800m) 12.00
  • Máster 2 1973-1981 1600 (xiro 800m) 12.10
  • Máster 3 1963-1972 1600 (xiro 800m) 12.10
  • Máster 4 1962 e anteriores 1600 (xiro 800m) 12.10

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña