Mañá, mércores, 29 de marzo, é o último día para depositar as cartillas seladas do DegustAres. Se aínda non o fixeches, achégate ata a consistorial para deixala na hucha que atoparás na súa entrada!
Así poderás optar aos vales de 100 euros para investir no comercio da vila, mais tamén á estancia con noite incluída nas Bodegas Valdelana, en El Ciego (Álava), que entrega a iniciativa gastronómica da Concellaría de Comercio.
Colaboran: Bodegas & Vinos Ares, Coca Cola e Bodegas Valdelana.