Trouleada encheu de música tradicional o Mercado Municipal de Ares

Comparte esta nota de prensa

O pasado sábado, o Mercado Municipal da vila converteuse nun punto de encontro festivo coas gaitas de Trouleada de Ares, que ofreceron unha actuación enmarcada na programación do ‘Quere o teu Mercado 2025’ 🛍️ á que se sumou a Concellaría de Comercio.

Esta iniciativa, promovida pola Xunta de Galicia e na que participa o Concello de Ares un ano máis, busca poñer en valor os mercados de proximidade como espazos dinámicos, con atención próxima por parte dos praceiros e praceiras 👨‍🌾 e cun produto de alta calidade.

Ao longo da mañá, Trouleada percorreu as instalacións do mercado enchendo o espazo de música tradicional galega
e contribuíndo a crear un ambiente animado que favoreceu a dinamización do consumo de proximidade.

Na actividade participou tamén a concelleira de Comercio, Lucía Blanco, para acompañar o desenvolvemento desta acción e salientar “a relevancia do noso mercado no día a día de Ares”.

A proposta musical complétase coa visita realizada días antes polo alumnado do CPI As Mirandas, pechando así unha programación orientada a destacar a importancia dos mercados e das prazas de abastos na economía e na identidade das vilas galegas.

👏 Grazas a todas as persoas que fan posible e coidan do noso mercado!

 

 

 

Pódeche interesar