Tes a axenda lista? Porque a próxima semana o Concello prepara novas actividades na biblioteca municipal de Ares!

Comparte esta nota de prensa

O luns, 3 de abril, será o momento de desfrutar do contacontos “Paxariños” ás 18:00 horas; un espectáculo para nenos/as de 0 a 3 anos totalmente de balde que serve para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil.

Na xornada seguinte, martes 4 de abril, as instalacións da Alianza Aresana converteranse nun espazo onde procurar ovos de pascua. Haberá dúas quendas en función da idade: o grupo 1 (crianzas de 3 a 6 anos) poderán comezar a súa busca ás 11:30 h. e o grupo 2 (crianzas de 7 a 12 anos) a partir das 18:00 h. Esta actividade requerirá de inscrición previa na páxina web www.concellodeares.gal a partir de mañá, martes 28 de marzo, ás 10:00 horas, e terá un custe de 3 euros.

Non o dubides e anímate a participar nestas iniciativas da área de Cultura da localidade, en colaboración co programa Ler conta Moito!

INSCRICIÓNS: De maneira telemática en https://forms.gle/Yu7Vyxyr1vbsW3127 a partir do martes 28 de marzo ás 10:00h

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,