Súmate a “Móvete pola Igualdade”!

Comparte esta nota de prensa

A marcha pedestre promovida dende as Concellarías de Deportes e Igualdade e Benestar levarase a cabo o 12 de marzo, mais se estás pensando en participar, xa podes inscribirte telematicamente na nosa páxina web municipal. O evento é totalmente de balde e permitirá celebrar e reivindicar a inclusión igualitaria da muller na sociedade a través da práctica deportiva.

Os 3,5 quilómetros de percorrido realizaranse polo núcleo urbano da vila, arrancando ás 11.30 horas dende a Praza da Igrexa, e poderanse facer camiñando ou correndo. Haberá tamén un quentamento grupal dirixido quince minutos antes e a lectura dun manifesto a prol da igualdade.

A inscrición estará aberta ata o 8 de marzo ás 13.00 horas, Día Internacional da Muller! Só tes que cubrir o seguinte formulario online

https://forms.gle/VDEqJugXyMMXi6iU6

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña