Somos Rosalías. Coa forza da lingua

Comparte esta nota de prensa

Co lema “Somos Rosalías. Coa forza da lingua”, Ares e o resto de concellos que comparten Servizo de Normalización Lingüística promoven unha campaña dixital para conmemorar a autora máis recoñecida da literatura galega. Unha Rosalía, ademais, imbuída do simbolismo de figuras renovadoras coma as Tanxugueiras!

A campaña vén de activarse este mércores, 16, e invita a toda a veciñanza de Ares a caracterizarse de Rosalía de Castro, enviando as fotografías e vídeos ao correo cultura@concellodeares.com, incluíndo se se quere algunha cita ou verso preferido da poetisa. A recepción de contidos pecharase o luns, 21, para despois difundilos a través das redes sociais e páxinas webs tanto institucionais coma do mesmo Servizo de Normalización Lingüística.

Súmate esta fin de semana a “Somos Rosalías” para reivindicar a unha figura chave dentro da identidade galega!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña