Sistema de estacionamento polo VII Ares Indiano

Comparte esta nota de prensa

Se xa tes claro que virás a gozar da nosa celebración de época esta fin de semana, bota unha ollada con calma ás opcións de aparcamento que existen en Ares.

P 🔷 Aparcadoiros públicos e gratuítos distribuídos polo núcleo urbano nos que se pode aparcar calquera vehículo a calquera hora.

➖ ⬜ Prazas de aparcamento en rúas nas que pode estacionar calquera vehículo de xeito gratuíto a calquera hora.

➖ 🟦 Prazas de aparcamento en rúas nos que os vehículos non censados no Concello de Ares deben abonar a taxa correspondente se estacionan entre as 11:00 h. e 13:00 h. e as 17:00 e 19:00 h. Máis info en www.aparcares.com.

➖ 🟩 Prazas de aparcamento en rúas nas que poden estacionar unicamente os vehículos censados no Concello de Ares.

Entre as opcións máis asequibles, lembra que terás un aparcadoiro amplo situado na entrada da vila, sinalado no mapa cunha frecha, a só 9 minutos do paseo marítimo da localidade.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña