Servizos Sociais pon en marcha as Axudas Económicas para os Agasallos de Nadal 2023

Comparte esta nota de prensa

Poderán concorrer a esta liña de apoio todas aquelas familias que estean empadroadas e residan en Ares cunha antigüidade de 6 meses e que conten cun menor beneficiario que non tivera cumpridos os 17 anos na festividade de Reis.

Estableceranse uns baremos onde se terán en conta os ingresos das unidades familiares, primando a aquelas que presenten unha situación de vulnerabilidade económica.

Os solicitantes poderán presentar a documentación para a axuda desde o 13 de novembro, ata o 15 de decembro, ambos

A Concellaría de Igualdade e Benestar vén de anunciar o inicio da campaña de axudas económicas polo Nadal, unha iniciativa municipal que ten coma obxectivo apoiar ás familias con menores ao seu cargo que precisen axuda para custear economicamente a compra de agasallos.

Esta liña de apoio está dirixida ás familias que residen en Ares e están empadroadas na localidade durante polo menos seis meses. Ademais, deben ter menores ao seu cargo que non cumprisen os 17 anos na festividade de Reis.

Para a asignación das axudas, consideraranse os ingresos económicos das familias, e darase prioridade a aquelas que se atopen nunha situación de vulnerabilidade económica, de acordo cos baremos establecidos nas bases reguladoras da campaña.

As axudas consisten nun ingreso de 50 euros por cada menor beneficiario da familia. Estes fondos deben destinarse á compra de xoguetes, cds, libros, roupa deportiva, artigos deportivos ou calquera material ou dispositivo relacionado coas novas tecnoloxías. Despois da tempada do Nadal, as familias deberán presentar os recibos de compra correspondentes ao Departamento de Servizos Sociais do Concello nun novo período, que se estende desde o 8 de xaneiro de 2024 ata o 31 dese mesmo mes.

O proceso de solicitude das axudas estará aberto desde o luns 13 de novembro ata o 15 de decembro, inclusive. Os solicitantes deben presentar a documentación necesaria para acceder á axuda no Departamento de Servizos Sociais do Concello, situado na praza da Constitución. Tamén é posible obter información adicional e coñecer os procedementos administrativos requiridos para solicitar a axuda chamando ao número de teléfono 689 24 25 96.

Pódeche interesar