Área de Servizos Sociais de Ares

HORARIO

De luns a venres
de 10 a 14 h.

LOCALIZACIÓN

Edificio de Servizos Sociais
Praza da Constitución, S/N
15624 ARES. A Coruña

TELÉFONO

981 448 354

 

 

CORREO

servizos.sociais@concellodeares.com

Os servizos sociais comunitarios, de carácter predominantemente local, están referidos a un territorio ou a unha poboación determinados e constitúen o punto de acceso normalizado e o primeiro nivel de intervención do sistema galego de servizos sociais. A súa actividade permite previr as problemáticas sociais; promover e organizar a solidariedade na comunidade na que actúan; levar a cabo intervencións sociais baseadas nun carácter integrador, tanto a nivel individual como grupal ou a prescrición técnica necesaria para a derivación a un servizo social especializado máis idóneo ou outros sistemas de protección social.

O edificio municipal de Servizos Sociais centraliza toda a actividade e sitúase na Praza da Constitución de Ares.

Garante o acceso universal e gratuíto ao sistema e, ademais, a prestación de servizos de carácter profesional en todo o territorio. O contido deste programa, cun carácter de prestación esencial dentro do sistema galego de servizos sociais, consistirá en:

  1. Proporcionar información, orientación, asesoramento e acompañamento ás persoas, ás familias e aos grupos sociais.
  2. Realizar a valoración e o diagnóstico social das demandas da cidadanía.
  3. A intervención básica de traballo social de casos e grupos, de acordo coas demandas, necesidades e recursos dispoñibles.
  4. Derivar cara á intervención social, biopsicosocial ou socio-educativa idónea para cada caso, que favoreza a adquisición ou recuperación de funcións e habilidades persoais e sociais e procure a mellora da autonomía, da convivencia social e familiar e da inclusión social. A derivación poderá realizarse cara aos distintos programas de servizos comunitarios, tanto básicos coma específicos.

Pretende valorar, responder ou derivar a un recurso idóneo ás persoas en situacións ou risco de exclusión social, aplicando tanto proxectos de intervención social personalizados ou de grupo como prestacións económicas específicas. Inclúense nesta categoría proxectos expresamente dirixidos ao desenvolvemento, promoción e integración na comunidade de minorías étnicas.

Para o desenvolvemento deste programa, os servizos sociais básicos detectarán e valorarán as situacións de persoas, grupos ou áreas territoriais en situación e risco de exclusión; analizarán o perfil sociolaboral de cada caso e expedirán posteriormente os informes e propostas de derivación e idoneidade oportunos para cada procedemento, ademais de coordinar a súa propia actuación profesional, desenvolvendo itinerarios personalizados de inclusión.

Pon ao dispor dos veciños/ as que estean a atravesar circunstancias de precariedade económica e, en especial en situacións de emerxencia, axudas económicas de pago único utilizando vales de alimento a través da pertinente ordenanza reguladora municipal.

Presta un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no seu medio habitual, especialmente naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía ou noutras situacións de risco social para as cales resulte un recurso idóneo.

Consta de dous servizos:

  1. Básico, promovido polo Concello de Ares a través da súa área de Benestar e Igualdade.
  2. Dependencia, que se determina a través da Xunta de Galicia.

Con todo, ambos os servizos son xestionados e coordinados polo departamento municipal, independentemente do organismo promotor.

Apoio educativo e psicosocial dirixido ás familias, co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, especialmente as eventuais de malos tratos infantís ou calquera outra desprotección, así como incentivar procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia.