Actividades deportivas municipais 2024-2025

Comparte este evento

NORMAS DE FUNCIONAMENTO

Todas  as  cuestións  relacionadas  co  funcionamento das actividades/escolas (suxestións, queixas…) tramitaranse directamente cos/cas responsables Técnica/os Municipais da área correspondente.

Procurarase garantir ao máximo a asistencia, comunicando sempre á/ao monitor/a calquera ausencia prevista.

As/os usuarios/as do Ximnasio Municipal disporán dun carné que permitirá o acceso á sala e que se amosará na  conserxería do Pavillón antes do acceso ao recinto.

O abono das mensualidades efectuarase por domiciliación ou transferencia bancaria (os recibos emitiranse entre o  5 e o 10 de cada mes) na conta que se indicará unha vez sexa confirmada a praza e a actividade.

As persoas que non renoven o seu pagamento no prazo disposto causarán baixa de forma automática na Escola. Do mesmo xeito, ante a decisión de baixa nunha escola/actividade haberá que comunicalo no Pavillón Deportivo Municipal antes do día 25 do mes en curso, para evitar problemas ca xestión dos pagamentos. Por esa razón, as devolucións dos recibos supoñen un custe que será aboado polo/a usuario/a que o xerara.

Aqueles usuarios/as que manteñan algún tipo de débeda no pago dalgunha escola/actividade do curso anterior,  deberán efectuar  o  seu pago. O incumprimento desta norma anula o  dereito  a  inscrición  na presente edición.

As actividades deportivas  desenvolveranse  do  9  de  setembro  de  2024 ao  30  de  xuño  de  2025  e  só interromperán  o  seu  funcionamento  as datas festivas locais ou nacionais.

É responsabilidade de cada usuario/a dispoñer da aptitude física e destrezas   necesarias   para   participar   nas   actividades/escolas convocadas, polo que o  Concello  de  Ares  non  se  fará  cargo  de  ningún dano físico ou moral que poida derivarse da participación nas mesmas.

O Concello resérvase o dereito de anular unha   actividade/escola   por non ter o  número  suficiente  de participantes  (estímase  en  10  o  número de mínimo de inscritos/as  para  que  dea  comezo  e/ou  continúe  unha escola /actividade) e de facer todas as modificacións que estime oportunas, para o bo funcionamento das mesmas.

Para máis información e inscricións, podes consultar o   apartado dedicado ás actividades municipais deportivas en www.concellodeares.gal ou contactar a través do correo electrónico: deportes@concellodeares.com.

LIGAZÓN ACTIVIDADES DEPORTIVAS: ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2024-2025 MÓVETE! (google.com)

 

DESCONTOS DE COTAS

  • 3 ou máis inscritos da mesma unidade familiar: 50 % na matrícula + 50% na cota da escola/actividade de menor importe.
  • Familia numerosa: 50 % na matrícula + 50 % en todas as escolas/actividades.
  • Familias carentes de recursos económicos (solicitude previa, comprobación e informe feito polos Servizos Sociais municipais): De balde.

 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS

  • PILATES (+14 ANOS)

ONDE: No pavillón polideportivo municipal – Sala de Usos Múltiples.

CANDO: Martes  e  xoves  de  9:30  a  10:30  h.  (G1), de 10:30 a 11:30 h. (G2), de 18:30 a 19:30 h. (G3) e de 19:30 a 20:30 h. (G4)

Luns e mércores de 19:30 a 20:30 h. (G5)

PREZO: 20,67 €

 

  • PILATES CHANTEIRO (+16 ANOS)

ONDE: No C.C Outeiro.
CANDO: Luns e mércores de 17:15 a 18:15 horas (Grupo 1) e de 18:15 a 19:15 h. (Grupo 2)
PREZO: 18,83 €

 

  • BAILE LATINO (+16 ANOS)

ONDE: No pavillón polideportivo municipal.

CANDO: Todos os xoves de 20:30 a 22:00 horas

PREZO:  14,14 €

 

  • IOGA 1 (+14 ANOS)

ONDE: Na  Casa  da  Xuventude.

CANDO: Luns e mércores de 11:00 a 12:30 horas.

PREZO: 23,54 €

 

  • IOGA 2 (+14 ANOS)

ONDE: Na Casa da Xuventude.

CANDO: Luns e mércores de 19:30 a 20:30 horas (Grupo 1) e de 20:30 a 21:30 (Grupo 2).

PREZO: 20,67 €

 

  • TONIFICACIÓN (+14 ANOS)

ONDE: No pavillón polideportivo municipal – Sala de Usos Múltiples.

CANDO: Luns e mércores de 9:30 a 10:30 horas.

PREZO: 20,67 €

 

  • ZUMBA (+14 ANOS)

ONDE: No pavillón polideportivo municipal – Sala de Usos Múltiples.

CANDO: Luns e mércores de 20:30 a 21:30 horas.

PREZO: 20,67 €

 

  • XIMNASIA CERVÁS (+16 ANOS)

ONDE: Nas  instalacións da  Gandeira  de  Cervás.

CANDO: Martes e xoves de 18:00 a 19:00 horas.

PREZO: 18,83 €

 

  • XIMNASIA CAAMOUCO (+16 ANOS) (a partir de outubro)

ONDE: Na   Agrupación   Instrutiva   de   Caamouco.

CANDO: Martes e xoves de 19:30 a 20:30 horas.

PREZO: 18,83 €

 

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

As solicitudes de inscrición realizaranse na web municipal www.concellodeares.gal, no  apartado das Actividades Deportivas Municipais 2024-2025. Estes son os prazos que rexen o proceso de inscrición:

EMPADROAD@S: Do 19 ao 26 de agosto.

NON EMPADROAD@S: Do 27 de agosto en adiante ata completar grupos.

A dispoñibilidade de praza e o comezo das actividades notificarase individualmente por correo electrónico ás persoas interesadas.

 

MATRÍCULAS

Do 9 ao 16 de setembro, ambos inclusive, farase o pagamento da matrícula e da mensualidade destas actividades. Estes son os prezos de matrícula estipulados:

EMPADROAD@S: 10,13

NON EMPADROAD@S: 18,99 €

 

TRIPTICO ACTIVIDADES MUNICIPAIS DEPORTIVAS 24-25

Pódeche interesar...

Eventos

Vive o Nadal, Vive Ares

ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE NADAL 2024: https://forms.gle/KCwadgrJmuqLCTtE7 ACTIVIDADES NA CASA DA XUVENTUDE NADAL 2024: https://forms.gle/5hpLn3MVSfWSBh1v5 OBRADOIROS DE NADAL NA BIBLIOTECA 2024: https://forms.gle/1tgkGSrzLD4LWs3i6   MÉRCORES, 4 DE

Eventos

MercAres 2024-2025

CAMPAÑA DE APOIO AO PEQUEÑO COMERCIO E Á HOSTELERÍA DE ARES 1 de decembro do 2024 ao 31 de xaneiro do 2025 BASES DE PARTICIPACIÓN