Samaín na Biblioteca

Comparte este evento

‘Unha biblioteca de medo’ é o nome que recibe a busca de pistas que se promoverá a vindeira semana en tres quendas distintas. Trátase dunha aproximación dos pequenos e pequenas á biblioteca procurando atopar obxectos, notas e outros elementos desperdigados polas diferentes áreas ou mesmo polos libros, facendo que a rapazada chegue ben preparada para a aventura coas súas lanternas e mesmo caracterizados para a ocasión.

Haberá outras dúas actividades complementarias nas instalacións da Alianza Aresana: unha mesa con libros de temática do Samaín e un photocall terrorífico para a veciñanza que se pase por alí.

Para a actividade ‘Unha biblioteca de medo’, a área de Cultura estableceu tres grupos con 25 prazas cada un, repartíndose do seguinte modo:

  • Grupo 1: nenos/as de 3 a 5 anos. Martes, 5 de novembro ás 19:30 horas
  • Grupo 2: nenos/as de 6 a 10 anos. Mércores, 6 de novembro ás 19:30 horas
  • Grupo 3: nenos/as de 11 a 14 anos. Xoves, 7 de novembro ás 19:30 horas

 

Esta proposta precisará de reserva previa a través dun formulario telemático habilitado na web institucional, www.concellodeares.gal dende mañá, 30 de outubro de 2024, e  terá un custe de 3 euros que se abonará despois da confirmación da praza. Os membros de familia numerosa contarán cun 50 % de desconto.

Para a actividade do Photocall Terrorífico, a veciñanza poderá acudir dende o mércores 30 de outubro, ata o luns 11 de novembro, á Biblioteca Municipal de Ares a polos libros de medo e para sacar fotos no photocall terrorífico.

Para a actividade ‘Unha mesa de Medo’, a biblioteca montará unha mesa con libros da temática do Samaín para préstamos dos seus usuarios/as dende o 30 de outubro.

ACCESO FORMULARIO DE INSCRICIÓN: https://forms.gle/53AfxM7VFfRBo3g59

 

Pódeche interesar...

Eventos

Vive o Nadal, Vive Ares

ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE NADAL 2024: https://forms.gle/KCwadgrJmuqLCTtE7 ACTIVIDADES NA CASA DA XUVENTUDE NADAL 2024: https://forms.gle/5hpLn3MVSfWSBh1v5 OBRADOIROS DE NADAL NA BIBLIOTECA 2024: https://forms.gle/1tgkGSrzLD4LWs3i6   MÉRCORES, 4 DE

Eventos

MercAres 2024-2025

CAMPAÑA DE APOIO AO PEQUEÑO COMERCIO E Á HOSTELERÍA DE ARES 1 de decembro do 2024 ao 31 de xaneiro do 2025 BASES DE PARTICIPACIÓN