Revisión das actuais infraestruturas educativas

Comparte esta nota de prensa

Esta mañá, o CPI AS Mirandas acolleu a visita de Martina Aneiros, delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, e Indalecio Cabana, xefe territorial de Educación. O alcalde de Ares, Julio Iglesias, as concelleiras Alma Barrón e Noelia Montero, xunto co equipo directivo do CPI e representantes do grupo político dos populares en Ares revisaron as actuais infraestruturas educativas.

A maiores de acceder aos interiores do colexio municipal, tamén comprobaron o estado dos terreos adaptados e postos a disposición da Xunta por parte do Concello. Dende a Delegación Territorial en Ferrol expuxeron o compromiso de iniciar o antes posible a firma do convenio entre as entidades implicadas, así como a redacción e licitación do proxecto técnico de ampliación e mellora do CPI.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña