Regresa o Club de Lectura Municipal de Ares para este novo curso

Comparte esta nota de prensa

Pecha o mes de outubro coa primeira das xornadas do Club de Lectura Municipal de Ares! Volveu á actividade despois do parón estival para comentar ‘Los extraños’ (Editorial Periférica, 2014), a obra de Vicente Valero que aborda as circunstancias particulares de catro homes enigmáticos, de pasados indefinidos por apenas unhas poucas novas ou anécdotas que ficaron dentro das súas familias.

Eses son os ‘estraños’: individuos fuxidíos, sempre bordeando a fronteira do esquecemento, que se constrúen a partir de retazos desperdigados polas familias. Persoas que xa non están, mais perduran a partir de relatos inconexos, e é esa reconstrucción das súas vidas a que realiza o narrador da novela de Valero a partir de viaxes, documentos e outras investigacións persoais. Todo para determinar o motivo do seu afastamento, da súa extrañeza, e coñecer máis fondamente a identidade dunha familia chea de afectos e olvidos, temores e esperanzas.

Un libro para comentar tranquilamente entre cafés e boa compañía!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña