Recollida de sinaturas polo transporte metropolitano

Comparte esta nota de prensa

A campaña municipal para reivindicar unha mellora do servizo e das conexións de Ares a través do transporte público de autobuses xestionado por UTE Hércules Norte segue activa. Lembramos que se pode asinar o documento na casa consistorial, no Centro Cultural Outeiro de Chanteiro e tamén no CIRS de Cervás, entre outros espazos.

As sinaturas acompañan as 8 principais solicitudes que se transmitirán dende o Concello á empresa adxudicataria e á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Así, solicítase:

1. Frecuencias con saída de Ferrol destino Ares ás 14:00 h e ás 14:30 h, pois na actualidade os estudantes que saen dos centros educativos ferroláns ou feneses non teñen este servizo entre as 13:15 h e 14:45 h.

2. Posta en marcha dunha frecuencia igual ou posterior ás 22:00 h nas fins de semana.

3. Frecuencia con saída de Ares e destino Ferrol ás 8:00 h e 9:00 h, pois son as horas máis demandas pola veciñanza, así como polo menos dúas frecuencias entre as 12:45 e 15:15 h –actualmente sen servizo–.

4. Frecuencias con saída de Ares e destino Mugardos entre as 7:45 h e as 10:45 h, xa que durante estas tres horas non existe unha conexión regular entre os municipios veciños.

5. Cambio da frecuencia con saída de Chanteiro e destino Pontedeume con paradas en Ares e Redes ás 10:00 h, e traxecto de volta ás 12:00 h (un servizo moi demandado pola veciñanza do rural e que, cos horarios actuais, non cubre as súas demandas).

6. Cumprimento dos horarios da parada en Chanteiro (ruta L8), que debe recoller aos pasaxeiros ás 08:05 h e que non se está a respectar.

7. Aumento do número de prazas sentadas do autobús con parada en Ares e no IES Mugardos (L21), que actualmente non pode asumir o número de viaxeiros desa frecuencia na súa ida.

8. Eliminación da diferenza entre períodos lectivos ou non lectivos, que non xera máis que confusión e inseguridade entre a veciñanza.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña