Recadación solidaria en apoio a poboación Ucraína

Comparte esta nota de prensa

Dende o Concello, invítase a todo establecemento e/ou organización (hostalería, comercio, asociacións…) a sumarse á recadación solidaria en apoio a poboación ucraína. Aos locais que se desexen adherir voluntariamente, daráselles unha das huchas municipais para que a coloquen nas súas instalacións.

Os puntos de recollida de bens básicos xa asignados –farmacias, supermercados ou tendas que vendan directamente produtos de primeira necesidade no conflito bélico– manteranse estables. Non obstante, o Concello lembra que se poderán realizar doazóns de produtos tanto nestes espazos como na Casa da Xuventude, que é o punto de centralización loxística da campaña municipal.

Para formalizar a adhesión do teu establecemento á recadación solidaria, contacta cos números de teléfono 677 12 41 34 (Noelia Montero, coordinadora da campaña) ou 677 12 41 21 (Lucía Blanco, concelleira de Comercio).

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña