Este sábado 7 de outubro, a partir das 11:00 horas, tes a oportunidade de unirte á limpeza de Sabadelle en Redes. Ares súmase a esta causa impulsada pola Asociación Ecoloxista ADEGA, co apoio da Agrupación Instrutiva de Caamouco e do Concello.
Se desexas colaborar nesta iniciativa para concienciar sobre o impacto do lixo nas nosas praias, simplemente inscríbete chamando ou enviando un WhatsApp ao 680161929.
Lembra que esta limpeza está aberta para todos os públicos!