Durante as fins de semana, cun prezo de 8 euros para menores e 15 euros para os adultos, podes achegarte á cultura mariñeira de Ares e descubrir a beleza da súa paisaxe costeira a través dos percorridos pola ría. Poderás achegarte a lugares singulares da nosa costa, como o Mourón ou o porto de Redes, e experimentar a esencia pesqueira e mariñeira a través da observación de nasas e outros aparellos de pesca. Será unha oportunidade incluso para afondar na mitoloxía local, navegando moi preto das Illas das Mirandas.
Estes itinerarios teñen unha duración de hora e media (90 minutos) e están dispoñibles en horario de mañá ou de tarde. O M. Presas navegará de 11:00 a 12:30 horas; de 12:30 a 14:00; de 17:00 a 18:30 e, finalmente, de 18:30 a 20:00. Ademais, para grupos ou familias que desexen realizar viaxes fóra destes días ou horarios, ofrécese a opción de reservar por un prezo de 120 euros, sempre que o grupo non exceda as 12 persoas. Para iso, é necesario solicitar a reserva con polo menos tres días de antelación.
Se estás interesado/a en embarcarte nunha experiencia plenamente mariñeira, amplía información e reserva a túa praza nos teléfonos 609 224 223 e 981 468 259 ou acudindo á Oficina de Información Turística municipal